O Orzamento municipal de 2026 suma 15,6 millóns para proxectos en toda a cidade
A Corporación Municipal de Vigo aprobará, no Pleno extraordinario convocado para mañá mércores, a ampliación do orzamento do Concello en 10.917.31 euros aos que hai que sumar 4.742.387 da Xerencia de Urbanismo.
Abel Caballero explicou que a ampliación do presuposto permitirá a execución de obras “fundamentais e da maior importancia” para a cidade, entre as que citou algunhas.
- Humanización Serafín Avendaño: 1.449.909 euros.
- Exposición Julio Verne: 1.379.874 euros.
- Finalización obras : 1.287.342 euros.
- Cuberta pista deportiva en Zamáns: 539.567 euros.
- Humanización rúa Lepanto: 122.531 euros.
- Ramplas Pintor Colmeiro: 429.129 euros.
- Ramplas Pintor Lugrís: 196.115 euros
- Festas de Vigo (Castrelos): 1.200.000 euros.
- Servizo de Atención Domiciliaria: 1.171.472 euros.
- Praza Fernando Elorrieta Rey (rúa Palencia): 765.000 euros.
- Melloras nos Centros Culturais: 549.000 euros.
- Plan de renovación de placas identificativas das rúas: 500.000 euros.
- Adquisición de parcelas para a mellora do areal do Cocho (Alcabre): 500.000 euros.
- Melloras nos Centros de Asociacións de Veciños: 350.000 euros.
- Escultura de Iago Aspas: 300.000 euros.
- Sede European Police and Fire Games (Xogos Europeos de Policías e Bombeiros): 300.000 euros.
- Funcionamento e mantemento do Auditorio Mar de Vigo: 270.670 euros.
- Reparación estrutural do muro de contención da Vila Romana de Toralla: 223.038 euros.
- Novo contrato de coches para a Policía Local: 148.000 euros.
- Novo contrato Escola Infantil Municipal de Bembrive: 80.000 euros.
- Climatización Centro Municipal Distrito de San Roque: 70.000
Actuacións da Xerencia de Urbanismo
- 1.088.448 euros para expropiacións para seguir desenvolvendo o PXOM.
- 2.000.000 euros de subvencións para a adecuación de vivendas baleiras que se incorporen ao mercado de alugueiro a prezo taxado. O orzamento actual xa aprobado é de 150.000 euros.
- 1.000.000 euros para a construción do edificio Esturáns. O orzamento actual aprobado ascende a 1,8 millóns.
- 496.765 euros para a rehabilitación do edificio Ramón Nieto, 58 (antiga cooperativa de agricultores de Lavadores).
- 157.173 euros para o acondicionamento da Oficina Municipal de Rehabilitación, na Praza da Princesa.
Feiras
O alcalde informou da aprobación en Xunta de Goberno das bases reguladoras e a convocatoria das subvencións para organizar feiras e festivais sectoriais con sede en Vigo que fomenten a contratación de persoas en situación de desemprego. O Concello destinará a este programa 250.000 euros, cun máximo de 80.000 euros por solicitante.
Poderán concorrer á convocatoria municipal as entidades sen ánimo de lucro, fundacións e institucións de dereito público e entidades de dereito privado como sociedades do sector das feiras, congresos ou convencións que teñan como ámbito de actuación o Concello de Vigo.
Caballero incidiu en que “con estas axudas queremos fomentar a contratación de persoas desempregadas mediante a celebración de feiras e festivais industriais e comerciais, especialmente, de sectores estratéxicos na cidade”.
As axudas poderán solicitarse en en prazo de 10 días desde a publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia.
Con estas axudas o Concello ten fomentado a contratación nas feiras Mindtecht, Conxemar, Navalia e Sea Fest.