Escoitar

Valadares acolle a final da Primera Oro da Liga Nacional de Bádminton

O alcalde recibiu este martes ao presidente e a dous xogadores do club Escola Rosalía de Vigo, primeiro equipo vigués que xoga nesta categoría da Liga Nacional de Bádminton, cuxa final se disputará no Polideportivo municipal de Valadares.

martes, 5 mai 2026
Momento do encontro deste martes no Concello
Momento do encontro deste martes no Concello

O Polideportivo municipal de Valadares acollerá o vindeiro sábado 16 de maio a final da Primera Oro da Liga Nacional de Bádminton, con entrada gratuíta para promover esta disciplina. A xornada final disputarase desde as 9:30 horas da mañá, con dous cruces por club. O alcalde trasladou este martes a Jesús Gómez, presidente do Club Escola Rosalía e a Uxía Fernández e David Durán, xogadores da Liga Nacional Oro, os parabéns pola traxectoria do equipo e desexoulles tódolos éxitos deportivos, tamén na gran final que se disputará na cidade. 

O Escola Rosalía vigués logrou o ascenso a Primera Oro o ano pasado, sendo a primeira vez que un club da cidade acada esta categoría e nesta temporada está pelexando pola permanencia. Con sede en Bembrive, cumpre neste ano 2026 o seu décimo aniversario contando ademais con equipos federados noutras disciplinas como patinaxe e ximnasia rítmica.

Descargar todas as imaxes