Alumnado e familias gozan das Xornadas de Teatro Escolar no Auditorio Municipal
O alcalde saudou este venres aos 200 escolares e ás familias dos CEIPs Escultor Acuña e Valle-Inclán que participan, co alumnado da Escola Municipal de Teatro, nas representacións programadas na XVI edición das Xornadas de Teatro Escolar que se desenvolven no Auditorio Municipal. O rexedor animou á audiencia a gozar das representacións ao tempo que recalcou a transcendencia da actividade cultural tanto para os espectadores como para quen interpreta cada obra. Ao longo das tres xornadas, máis de 900 alumnas e alumnos vivieron esta experiencia teatral.