O alpinista Alex Txikon abre o martes 24 o “V Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático”
O escalador e alpinista Alex Txikon protagonizará o próximo martes 24 de marzo, no Auditorio Municipal, a primeira das tres conferencias programadas no “V Ciclo de de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático”, organizado entre o Concello de Vigo e o Club Peña Trevinca Montañeiros Galicia.
Considerado como dun dos mellores alpinistas internacionais, con máis de 30 expedicións de inverno e tras conquistar 11 dos 14 “ochomiles”, Alex Txikon abordará na súa conferencia as escaladas invernais e a resilencia dos montañeiros. Será presentado polo alpinista Sechu López.
O conferenciante é un referente pola súa coherencia vital, e por ser o único alpinista do mundo que desde 2011 lidera de forma ininterrompida as expedicións de inverno ao Himalaya, ascendendo aos 3 cumios sen asistencia de osíxeno artificial”.
O mércores 25 Odile Rodríguez de la Fuente, licenciada en Ciencias Biolóxicas e producción de cine e filla do desaparecido naturalista Féliz Rodríguez de la Fuente, pronunciará a conferencia “O home e a terra”, na que abordará a complexidade do planeta e da nosa especie e do legado do seu proxenitor. Será presentada por Irene Bascoy, periodista subdirectora do Faro de Vigo.
O xoves 26 o director da serie documental “Hope”, Mariano Baratech, explicará coa sua conferencia “Hope! Como transformar as organzacións”, as iniciativas que están en marcha para afrontar o cambio climático e para demostrar que “estamos a tempo se se unen conocimento, vontade política e o compromiso social”. Cristina Fernández, vocal de medio ambiente do Clube Peña Trevica presentará ao conferenciante.