Escoitar

O Auditorio Municipal proxecta o filme "Las horas" de Stephen Daldry

A entrada é libre ata completar aforo. O Concello segue a desenvolver actos ata final de mes con motivo do Día Internacional da Muller. Tódalas actividades e eventos do programa poden atoparse na web igualdadevigo.org.

martes, 17 mar 2026

Aínda quedan actividades ás que acudir dentro do programa do 8M nos próximos días deste mes de marzo. Hoxe, martes 17, proxéctase as 19:00h o filme “Las Horas” de Stephen Daldry no Auditorio Municipal (Praza do Rei, 1). Tamén no Auditorio Municipal, o concerto de “A banda da loba” será o mércores 18 de marzo ás 19:00h. Ambos eventos teñen entrada de balde ata completar aforo.

O venres 20, ás 20:00, será a Gala de entrega do XVI Premio de Igualdade Ernestina Otero, que terá lugar no salón de recepcións do Centro Social Afundación (Rúa Policarpo Sanz, 26). Este ano o galardón é para a avogada viguesa Ana María García Costas. Para acudir ao evento é necesario inscribirse previamente no servizo de Igualdade, no telefono 986 810 284.

E para rematar este programa, os días martes 24 e mércores 25 haberá unhas xornadas formativas no Centro Social Afundación desde as 16:30 ás 20:30 horas. Estas xornadas están compostas por un ciclo de conferencias, onde expertas abordarán temas crave para o feminismo na actualidade. Esta actividade require inscrición previa, a través do correo electrónico xornadas.igualdade@vigo.org e o formulario correspondente.

Descargar todas as imaxes