Escoitar

O Concello inicia a selección das exposicións de 2027 da rede municipal de museos

O alcalde anunciou que esta semana se publicará esta semana as bases que rexerán a presentación das solicitudes para participar na convocatoria pública de selección de proxectos expositivos na Casa das Artes e na Casa Galega da Cultura para o próximo ano.

martes, 17 mar 2026

Abel Caballero explicou hoxe que os obxectivos da nova convocatoria é ofrecer aos artistas, xestores culturais e comisarios a posibilidade de presentar as súas propostas para ser valoradas artisticamente polo Concello, e proceder á selección das exposicións temporais que conformarán a programación do ano que vén dos dous museos da rede municipal.

As propostas para a Casa Galega da Cultura deben ser presentadas por creadores galegos emerxentes menores de 35 anos. A Casa das Artes acollerá exposicións temporais de artistas do circuíto profesional relacionadas coas linguaxes creativas contemporáneas.

As propostas presentadas para ambos vos espazos deben ser inéditos, segundo lembrou este martes o alcalde.

Os artistas interesados en expoñer as súas obras poden inscribirse a través do rexistro electrónico do Concello de Vigo

Descargar todas as imaxes