Escoitar

O Goberno local activará na Festa da Reconquista unha dotación extraordinaria de limpeza

Vigo contará cun dispositivo especial de limpeza durante a Festa da Reconquista. O operativo despregarase desde o sábado 28 ao luns 30 de marzo por todo o Casco Vello, así como nas zonas de maior concentración de público como na Porta do Sol, Náutico, Montero Ríos, rúa Carral e Paseo de Alfonso XII.

luns, 16 mar 2026

Abel Caballero explicou este luns que o operativo especial de limpeza incluirá a posta en marcha dunha dotación extraordinaria en 12 localizacións estratéxicas do Casco Vello e da súa contorna, composta por 9 vehículos e 40 operarios. Ademais, os postos situados a pé de rúa contarán con 25 contedores amarelos con 240 litros de capacidade coa finalidade de facilitar a recolección de envases.

Durante o sábado 28 e o domingo 29 o servizo do Concello reforzarase cun un equipo formado por 40 operarios, dos que 16 traballarán na quenda de noite e 24 de mañá, e dúas barredoras mecánicas.

As previsións iniciais, en función da actividade de anos anteriores, sinalan que se recollerán 20 toneladas de residuos sólidos urbanos adicionais a unha fin de semana non festiva.

“A festa ten que celebrarse co máximo de atención á limpeza”, asegurou Caballero.

Descargar todas as imaxes