luns, 29 xuñ 2026
O Grupo Municipal Socialista defendeu que o Goberno autonómico achegue esta cantidade en analoxía á asignada en concepto de capitalidade ao Concello de Santiago. O Partido Popular votou en contra e o BNG abstívose. O Pleno tamén aprobou unha moción para a protección e valorización dos montes periurbanos da cidade.
xoves, 18 xuñ 2026
O vindeiro xoves 25 de xuño a cidade acollerá a primeira xornada local dedicada á transición ecolóxica, organizada polo Concello, o Consorcio de Zona Franca e a Asociación Española do Automóbil Ecolóxico. Foi presentada esta mañá polo voceiro do goberno municipal, Carlos López Font.
xoves, 18 xuñ 2026
O alcalde valorou este xoves a “implicación” da cidadanía coa reciclaxe e a separación de residuos, ao dar conta do incremento dos depósitos no contedor marrón no primeiro semestre deste ano.
luns, 15 xuñ 2026
O Goberno local dedica cada ano 850.000 euros a atender os areais da cidade. Case 130 profesionais traballan para ocuparse das posibles emerxencias, a vixilancia, a seguridade e a limpeza.
mércores, 27 mai 2026
Abel Caballero e Carmela Silva, primeira tenente de Alcaldía, participaron este mércores na inauguración do “Encontro de Investigación Mariña do CSIC: Cara unha ciencia mariña más conectada, colaborativa e estratéxica” no marco da conmemoración do seu 75 aniversario. Durante dúas xornadas, o persoal investigador do ámbito mariño intercambiará coñecemento, promoverá a innovación científica e poñerá en valor o papel dos ecosistemas mariños como clave no desenvolvemento sostible. O rexedor salientou o labor desenvolvido polo CSIC ao longo da súa historia e fixo unha mención especial ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, organizador deste encontro científico, polo seu traballo de excelencia a nivel mundial.
luns, 25 mai 2026
O Pleno aprobou esixir ao Goberno autonómico que financie, como mínimo, o 50% do servizo de socorrismo así como unha achega extraordinaria para reparar os danos provocados polos temporais. Tamén se aprobou instar á Xunta a reforzar e fortalecer o investimento no ensino público da cidade.
xoves, 21 mai 2026
O Concello organiza este verán unha nova edición do programa divulgativo para achegar a observación do ceo a toda a familia, tamén para nenas e nenos maiores de 8 anos. Haberá 14 sesións nas noites de verán, entre xuño e setembro.
martes, 19 mai 2026
O próximo 31 de maio desenvolverase unha nova edición deste paseo que se enmarca no programa ambiental municipal “Camiño a Camiño”. A inscrición pode realizarse ata o 29 de maio no teléfono 010.
luns, 11 mai 2026
O servizo de recollida porta a porta e o punto limpo fixo continúan gañando usuarios entre os vigueses e viguesas, consolidándose como dúas das principais vías para a correcta xestión deste tipo de residuos. Os restos máis frecuentes continúan sendo os grandes electrodomésticos, como neveiras, lavadoras ou fornos, ademais de monitores e pantallas.
venres, 8 mai 2026
Dada a previsión meteorolóxica moi adversa, o Concello viuse na obriga de adiar a Ruta pola Serra da Groba entre Baiona e Oia, prevista para este domingo, 10 de maio dentro do programa de educación ambiental "Camiño a Camiño". Realizarase o domingo, 14 de xuño mantendo a inscrición realizada e previa confirmación das persoas participantes. Cómpre ter en conta que a Serra da Groba é especialmente sensible ás condicións adversas, con zonas abertas ao vento e tramos nos que a choiva incrementa notablemente o risco de esvaróns, perda de visibilidade e dificultade de progresión do grupo.
Trasládase a realización desta ruta ao domingo 14 de xuño,