Escoitar

O alcalde alerta de que Vigo só conta con auga de calidade óptima ata o 26 de novembro

As reservas rexistrarán este xoves o seu mínimo histórico. O encoro de Eiras atópase este luns ao 33,6 por cento da súa capacidade, cunha perda de 0,6 puntos por día, segundo avanzou o alcalde ao sinalar que a cidade dispón de 28 días de auga con garantía.

luns, 2 nov 2026

Abel Caballero explicou que a partir do xoves 26 de novembro habería auga para 58 días, coa posibilidade de que se rexistren incidencias na súa calidade.

O rexedor incidiu en que se consolidan rexistros mínimos de reservas en Eiras, xa que este luns o encoro atópase en “o mínimo histórico para un 2 de novembro”. Recalcou que a nova potabilizadora que fixo o Concello de Vigo garante que a cidade conte con auga de calidade. “Se non fose pola potabilizadora, hoxe por hoxe, en Vigo habería auga sen garantías de calidade”, e reprochoulle á Xunta que non resolva un problema de gran calado para a cidadanía ao limitarse a “esperar a que chova”.

O alcalde insiste na necesidade de baixar o caudal ecolóxico do río “de forma inmediata” e en que a Xunta constrúa unha presa augas arriba do río Oitavén.

 

Descargar todas as imaxes