Escoitar

Comeza a montaxe dos grandes elementos do Nadal cunha renovada proposta lumínica

O alcalde presentou este martes na Gran Vía a montaxe da caixa de agasallo, un dos elementos luminosos máis emblemáticos do Nadal de Vigo

martes, 22 set 2026

O alcalde presentou a montaxe da caixa de agasallo na Gran Vía, un clásico no Nadal de Vigo. A instalación amosa este ano diversas novidades con respecto ás dimensións e a iluminación.

A caixa de agasallo, de tres dimensións, ascende a 18 metros de altura, un metro máis que o ano pasado, e mantén os 9 metros de ancho e os 15 metros de profundidade. Ademais, incrementa o número de luces LED, con 2.000 puntos máis que en anteriores ocasións, o que supón un total de 81.000 luces LED.

Caballero adiantou que a iluminación do Nadal contará este ano con 12 millóns de luces LED, unha cifra que, segundo explicou, podería chegar, finalmente, aos 13 millóns. Estes elementos estarán distribuídos por diferentes puntos da cidade xunto con 7.000 motivos ornamentais. Na Gran Vía, a iluminación chegará a 814 árbores.

Tamén destacou a proposta na decoración da iluminación, baseada no sistema RGBW, o que quere decir, que haberá luces vermellas, verdes, azuis e brancas. Isto permite “todas as posibles combinacións de cores”.

O rexedor sinalou que as luces do Nadal de Vigo se modernizan cada ano, permitindo a incorporación de novas figuras, bandeiras e iconas decorativas que complementan a iluminación da cidade.

Descargar todas as imaxes