venres, 3 nov 2023
Abel Caballero presentou este venres, coa primeira tenente de alcaldía, Carmela Silva, a concelleira de Igualdade, Ana Laura Iglesias, e coa presidenta do Consello Municipal da Muller e da Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos, Charo Otero, o programa organizado polo Concello desde o 8 de novembro ata o 2 de decembro con motivo do “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres”.
venres, 20 out 2023
Ante a previsión de choiva, o concerto de Wöyza & The Galician Messengers actuarán este venres no Teatro Salesianos. A artista actuará á mesma hora prevista - ás 21 horas - no marco do programa municipal VigoFem. A actuación da viguesa supón o peche do repertorio artístico e cultural protagonizado por mulleres que se desenvolveu na cidade durante toda a semana. A entrada é de balde e libre ata completar aforo.
mércores, 18 out 2023
No transcurso do XXVII Encontro Sindical da muller de UXT, que se desenvolveu este mércores en Vigo baixo o lema “Unidas e fortes avanzando pola igualdade”, Abel Caballero avogou pola igualdade e advertiu das ameaza
luns, 16 out 2023
O encontro literario “Improvisa” marca o inicio do proxecto artístico cultural VigoFem, deseñado polo Concello co obxectivo de promocionar ás creadoras de Vigo. A partir das 19 horas ontará daranse cita seis narradoras e poetas que improvisarán varios textos que poderán seguirse de forma simultánea nunha pantalla ao ser recollidos nun soporte dixital. Intervirán Xina Vega, Anna R. Figueiredo e Isabel Blanco, como narradoras e Silvia Penas, Branca Trigo e Miriam Ferradás como poetisas.
xoves, 13 xul 2023
O parque contará novamente este verán cun espazo para a prevención das violencias machistas durante a celebración dos concertos do programa “Vigo en festas 2023”.
xoves, 11 mai 2023
Abel Caballero deu conta da aprobación das bases para as solicitudes das becas de comedor e material escolar. O orzamento medra 100.000 euros e chegará a máis receptores pola maior facilidade para cumprir os requisitos.
venres, 14 abr 2023
O goberno local vén de aprobar as bases reguladoras da convocatoria de axudas para promover o deporte feminino. As achegas adxudicaranse por concorrencia competitiva primando ás entidades que máis licenzas femininas teñan e ás que reúnan a máis mulleres nas respectivas xuntas directivas.
xoves, 16 mar 2023
Este xoves 16 de marzo, no escenario do Auditorio da Praza do Rei represéntase a obra de teatro “As que limpan”, escrita, dirixida e interpretada por Arela Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. Unha creación de A Panadaría coproducida polo Centro Dramático Nacional. Trátase dunha actividade de balde enmarcada dentro das actividade do Día Internacional da Muller. A programación remata o sábado 18 de marzo coa actuación do grupo “Habelas Hainas” ás 20 horas no salón de actos do MARCO.
mércores, 8 mar 2023
O Pleno Específico do Consello Municipal da Muller celebrouse este mércores no Salón de Plenos coa intervención de oito das entidades que o conforman, unha das actividades incluídas no programa do Día Internacional da Muller en Vigo.
mércores, 1 mar 2023
A concelleira de Igualdade, Uxía Blanco, presentou este mércores en rolda de prensa os actos cos que a cidade conmemora o Día Internacional da Muller, entre os que se inclúe unha visita guiada, un recital de poesía, o Pleno específico da Muller, cine, teatro, música e a entrega do Premio Ernestina Otero a Paz Filgueira.