venres, 14 nov 2025
A fachada principal do Concello mostra desde hoxe a pancarta xigante coa mensaxe central do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres: "Rachemos as cadeas que nos oprimen". A despregadura da lona contou coa presenza do alcalde e das concelleiras do Goberno de Vigo, así como das compoñentes do Consello Municipal da Muller. Durante o mes de novembro o Concello desenvolve un extenso programa de actividades culturais e de reflexión, que concluirán o día 28 de novembro.
luns, 10 nov 2025
O alcalde presentou hoxe, coa primeira tenente de alcalde, a concelleira de Igualdade e as integrantes do Consello Municipal da Muller, o programa de actividades organizadas para conmemorar o 25N, o “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller”, que este ano ten por lema “Rachemos as cadeas que nos oprimen”. Caballero avanzou que Vigo despregará, desde mañá e ata o 28 de novembro, “as accións máis importantes” organizadas nas cidades galegas.
xoves, 9 out 2025
A terceira edición de “VigoFem” despregará, desde o martes 14 ao domingo 19 de outubro, cinco citas culturais protagonizadas por mulleres. “Pretendemos poñer en valor a capacidade transformadora da cultura protagonizada por mulleres poñendo no foco a cultura e as mensaxes que as mulleres queremos trasladar á sociedade”, explicou a tenente de alcalde, na presentación do programa coordinado por Isabel Blanco.
venres, 26 set 2025
Caballero cifrou en 256 as persoas beneficiadas das políticas de emprego local. 84 delas foron contratadas ou melloraron a súa situación laboral mentres que 172 traballadores e traballadoras formarán parte do cadro de persoal de entidades sen ánimo de lucro de Vigo. A Xunta de Goberno tamén aprobou subvencións a clubs que fomenten o deporte feminino.
xoves, 25 set 2025
Abel Caballero avanzou o nomeamento como Viguesa Distinguida de Rosa Fontaíña, fundadora da Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos. O alcalde fixo este anuncio esta mañá no hotel Coia durante a homenaxe á traxectoria dunha muller comprometida coa loita contra a violencia de xénero na nosa cidade.
xoves, 4 set 2025
O Concello abriu o prazo de inscrición para as actividades organizadas entre setembro e decembro na Casa das Mulleres e no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo.
xoves, 24 xul 2025
A Xunta de Goberno aprobou tamén este xoves as bases da convocatoria das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, das feiras que fomentan a contratación de traballadores.
luns, 2 xuñ 2025
Abel Caballero destacou hoxe os investimentos do goberno municipal destinados a mellorar as infraestruturas dos colexios da cidade e propiciar tanto a mellora no coñecemento de idiomas, con 2.000 beneficiarios das becas, como na formación das nenas e dos nenos en múltiples disciplinas. Destacou a aposta polos programas pioneiros de Política Social para atender as persoas vulnerables.
xoves, 29 mai 2025
O alcalde presentou este xoves o libro "Mulleres entre fogóns", elaborado polo alumnado de 3º Educación Secundaria do Colexio Labor, ante as chefs que foron entrevistadas e que son as protagonistas da obra que contou coa axuda do Concello para a súa edición e publicación. Caballero destacou a iniciativa dos escolares por reconstruír, achegar, completar e poñer en valor, con perspectiva de xénero, o labor das mulleres adicadas á profesión gastronómica da nosa cidade durante o século XX e ata a actualidade. A narración do libro dá conta da experiencia das profesionáis dalgúns dous restaurantes máis emblemáticos da cidade. Ao finalizar o acto, o rexedor entregou un exemplar do libro a todos os asistentes á presentación.
mércores, 14 mai 2025
No marco da conmemoración o 28 de maio do Día Internacional de acción para a saúde das mulleres, o goberno de Vigo ofrece a conferencia “Ginopia médica: cando a ciencia ignora ás mulleres”.