O Concello desprega a gran pancarta do 25N, en rexeitamento das violencias contra as mulleres
A fachada principal do Concello mostra desde hoxe a pancarta xigante co mensaxe central do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres: “25N Non máis violencia por ser muller”. A despregadura da lona contou coa presenza do alcalde e da concelleira de Igualdade, Ana Laura Iglesias, así como das compoñentes do Consello Municipal da Muller. Durante todo o mes de novembro o Concello desenvolve un extenso calendario de actividades culturais e de reflexión, que concluirá o día 3 de decembro. "Realizamos unha gran mobilización cultural contra as violencias machistas", afirmou Abel Caballero.
O alcalde lembrou este luns que durante todo o mes de novembro, ata o día 3 de decembro, o Concello despregará un amplo programa de actividades culturais e de reflexión, que concluirá o día 3 de decembro con motivo da celebración, o 25 de novembro, do Día Internacional da Eliminación da Violencia contras as Mulleres, que ten por lema "No máis violencia por ser muller". Sinalou que entre os 15 actos organizados atópanse conferencias, presentacións de libros, concertos, conferencias e distintas actuacións.
Todas as actividades contan con entrada libre ata completar os aforos dos locais.
Programa
Martes, 12 de novembro
Proxección do filme: “Mientras duermes” (2011) de Jaume Balagueró
19:00 h
Lugar: Galería do MARCO. Rúa do Príncipe, 54
Entrada libre ata completar a capacidade do local
Mércores, 13 de novembro
Proxección do filme documental “ Patriarcado, el organismo nocivo” (2022) de Teresa Soler e Albert Sanfeliu. Coloquio posterior. Coa colaboración da Subdelegación do Goberno
20:00 h
Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei,1
Entrada libre ata completar a capacidade do local
Xoves, 14 de novembro
Peza teatral contra a violencia machista “Golpes”. Dirección: Xosé Leis. Intérprete: Estíbaliz Veiga. Compañía aAntena
20:00 h
Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei,1
Entrada libre ata completar a capacidade do local
Venres, 15 de novembro
Concerto a cargo de Guadi Galego
21:00 h
Lugar: Teatro Salesianos. Rúa Venezuela, 3
Entrada libre ata completar a capacidade do local
Luns, 18 de novembro
Exposición contra a violencia de xénero Amigodáteconta
Coa colaboración da Delegación do Goberno en Galicia
Lugar: Praza do Rei
Mércores, 20 de novembro
Presentación libro do libro “Os anos tranquilos” (Xerais, 2024) pola conta da autora Llerena Perozo Porteiro
19:00 h
Lugar: Centro de Documentación e Recursos Feministas
Biblioteca Pública de Vigo “Juan Compañel”. Rúa Joaquín Yáñez 6-2.º andar
Xoves, 21 de novembro
Actuacións musicais a cargo de: Sila Lúa e Catuxa Salom
19:00 h
Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei,1
Entrada libre ata completar a capacidade do local
Venres, 22 de novembro
Espectáculo: “Feminíssimas”. VigoCultura
Dirección: Xavier Castiñeira. Elenco: Stephy Llaryora, Noelia Blanco e Ana San Fernando.
Compañía De Ste Xeito Producións
20:00 h
Auditorio Municipal. Praza do Rei, 1
Prezo 5 €. Venda anticipada de entradas
Luns, 25 de novembro
Enlaza Vigo contra a violencia de xénero
Alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de FP
De 10:30 a 12:30
Lugar: Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo
Entrada con invitación previa
MANIFESTACIÓN
20:00 h
Convoca Rede de Mulleres contra os Malos Tratos
Cruzamento da Vía Norte con Urzáiz
Mércores, 27 de novembro
Proxección “Tódalas mulleres que coñezo” de Xiana do Teixeiro
Sesións escolares para alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de FP
De 10:00 a 13:30
Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei, 1
Entrada con invitación previa
Xoves, 28 de novembre
Teatro “Cigarreras”
Dirección: Cándido Pazó. Elenco: Tamara Canosa, Susana Dans, Merce Castro, Isabel Naveira, Covadonga Berdiñas, Casilda G. Alfaro e Ledicia Sola.
Compañía Contraproducións
20:00 h
Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei,1
Entrada libre ata completar a capacidade do local
Luns 2 e martes 3 de decembro
Xornadas formativas sobre a Abolición da prostitución
De 16:30 a 20:30 h
Xornadas presenciais
Inscrición previa
Lugar: Sala de conferencias do Centro Social Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 26