O goberno local comeza o desenvolvemento do Plan de Sostibilidade Turística en Bouzas
Abel Caballero anunciou que comeza o proxecto para a humanización da rúa do Pazo, a naturalización de espazos no casco histórico e plantación de árbores na zona litoral, a recollida de residuos porta a porta para a hostalería e o lanzamento dunha web para por en valor o patrimonio e a festa da Brincadeira.
Bouzas comezará a en breve a notar os cambios que trae consigo o Plan de Sostibilidade Turística do goberno local, dotado con 2 millóns de euros de fondos europeos Next Generation EU.
Así, Abel Caballero informou que estamos “ante unha forma distinta de entender o casco histórico, potenciar e consolidar a súa historia, máis peonil e con máis vexetación e para dar a coñecer a toda España a festa da Brincadeira”.
Entre as accións que o goberno local levará adiante será seguir naturalizando a contorna do litoral, con máis árbores, a creación de novos espazos verdes, zonas axardinadas, plantación de especies autóctonas no paseo e tamén nalgunhas zonas do casco histórico que o permitan.
Amais, para seguir mellorando a mobilidade peonil, se humanizará a rúa do Pazo, que establecerá prioridade para as persoas. A hostalería da zona terá un servizo de recollida do lixo porta a porta. Renovarase por completo as redes de saneamento e abastecemento e instalarase nova iluminación eficiente de xeito artístico e funcional.
Para mellorar a accesibilidade o goberno local porá en marcha plans de dixitalización, como exemplo a través dunha páxina web, “para o desenvolvemento dos puntos de interese, do patrimonio de Bouzas e dinamizar a festa da Brincadeira”.
Para Caballero a Brincadeira é “unha das romarías urbanas máis notables” e por iso “a festa debe ser recoñecida en toda España”.