O goberno municipal aproba o novo contrato de mantemento da rede de iluminación pública
A Xunta de Goberno aprobou este venres a adxudicación do contrato do servizo de mantemento das instalacións electromecánicas e de iluminación viaria pública. Vixente ata outubro de 2027, o investimento municipal ascende a preto de dez millóns de euros.
Abel Caballero anunciou hoxe o acordo de adxudicación do contrato para atender as necesidades de mantemento e conservación de todos os elementos da rede da iluminación pública e das instalacións electromecánicas e de aforro enerxético.
O contrato, que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2025 e conlevará un investimento anual de máis de 3 millóns de euros, garante, ademais da iluminación, os traballos de mantemento das galerías, túneles, fontes ornamentais e as instalacións de enerxías renovables.
O alcalde explicou que o Concello aplica “un nivel de mantemento óptimo en Vigo” e que co contrato que entrará en vigor en 2025 e que propiciará o traballo dun equipo de 43 profesionais cada ano, a cidade contar a con “un servizo de mantemento mellor”.
O rexedor lembrou que o Concello está a facer “cambios masivos de iluminación adicional á led e, por tanto, na complexa rede urbana e rural de Vigo”.