Escoitar

O aeroporto de Vigo bate un novo récord co 77% de ocupación no mes de outubro

Abel Caballero destacou este venres que o “importante nivel de operatividade” do aeroporto de Vigo constátase cos datos de ocupación de voos rexistrados en outubro, que superou o 77 por cento, “que é altísimo”. Avanzou que o día do anuncio do acendido das luces do Nadal duplicáronse as reservas hoteleiras na cidade.

venres, 8 nov 2024

O alcalde explicou hoxe que o pasado mes outubro a porcentaxe de ocupación dos voos a Vigo subiron dous puntos con respecto ao mesmo mes do ano 2023, “que xa foi un ano con mes récord”.

Nos datos da terminal destaca o nivel de ocupación da conexión con Barcelona, cun 94%, seguido da de Tenerife cun 87%; Londres cun 81%; Madrid cun 79% e Gran Canaria co 75%. “En xeral, niveis de ocupación altísimos porque o aeroporto de Vigo funciona moi ben e a xente úsao a prezos de mercado”.

Entre as novidades do aeroporto atópanse dúas novas conexións, a Valencia e a Palma de Mallorca, segundo recalcou o alcalde.

Acendido de Nadal

O alcalde anunciou que o mesmo día do anuncio do acendido da iluminación de Nadal, o sábado 16 de novembro, duplicáronse todas as reservas hosteleiras que estaban previstas en Vigo. “Este é o efecto, só nun día e nunha fin de semana e, por tanto, estamos a xerar unha industria turística excepcional, ademais da beleza do Nadal”.

Descargar todas as imaxes