luns, 11 novembro 2024

O Concello desprega a gran pancarta do 25N, en rexeitamento das violencias contra as mulleres

luns, 11 nov 2024

A fachada principal do Concello mostra desde hoxe a pancarta xigante co mensaxe central do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres: “25N Non máis violencia por ser muller”. A despregadura da lona contou coa presenza do alcalde e da concelleira de Igualdade, Ana Laura Iglesias, así como das compoñentes do Consello Municipal da Muller. Durante todo o mes de novembro o Concello desenvolve un extenso calendario de actividades culturais e de reflexión, que concluirá o día 3 de decembro. "Realizamos unha gran mobilización cultural contra as violencias machistas", afirmou Abel Caballero.