Carmela Silva defende a igualdade como “cuestión de valores e tamén cuestión económica”
A primeira tenente de alcalde de Vigo participou este xoves no IV Foro Empresarial pola Igualdade, organizado pola Confederación de Empresarios de Pontevedra, na que se abordou a diversidade e a inclusión na contorna laboral. Carmela Silva avogou pola igualdade como “unha cuestión primordial de valores, pero tamén como unha cuestión económica. Se as mulleres achegaramos todo o noso talento á economía, o PIB español crecería entre un 15% e un 18%”. No encontro debateuse sobre a innovación e a diversidade, as estratexias de xestión do talento liderado inclusivo e as prácticas e políticas implementadas para a inclusión na empresa.
