mércores, 9 outubro 2024

A fortaleza do Castro, escenario o domingo 13 da representación do asedio á vila de Vigo en 1719

mércores, 9 out 2024

A fortaleza do Castro será escenario o vindeiro domingo 13 de outubro da primeira representación teatral do asedio de 1719 á vila de Vigo por parte da Armada inglesa. Enmárcase no programa de actividades co que o Concello avanza na posta en valor das recuperadas murallas, segundo recalcou este venres Abel Caballero. “Poñemos en valor a rehabilitación e a marabilla que son as murallas do Castro”, afirmou o alcalde.

Caballero desexa sorte ao Iberconsa Amfiv na presentación da tempada 24/25

mércores, 9 out 2024

A escuadra viguesa de baloncesto en cadeira de rodas realizou esta mañá, no Hotel Hesperia, a tradicional presentación oficial da tempada, que iniciará esta fin de semana, ante o Amivel Reyes Gutiérrez, e que se prolongará ata a derradeira semana do mes de maio. O rexedor quixo estar presente no evento, arroupando ao Iberconsa Amfiv antes do inicio da renomeada Superliga BSR, na que protagonizarán 22 encontros buscando cumprir os obxectivos e obter a mellor clasificación posible.