Escoitar

Vigo alcanzou o máximo histórico de ocupación hoteleira en setembro cun 84,3%

Vigo rexistrou o pasado mes de setembro o mellor dato de ocupación hoteleira da historia da cidade, cunha media de 84,3%. Os hoteis contabilizaron unha subida próxima ao 10% con respecto ao mesmo mes de 2023, segundo remarcou hoxe o alcalde.

martes, 8 out 2024

Abel Caballero explicou este martes que a maior afluencia de turistas procede doutras comunidades autónomas, cun 54%, os visitantes galegos representan o 9%, mentres que os internacionais elévanse ao 37%.

Portugal, co 21%, é o pais que achega o maior número de turistas internacionais, seguido de Estados Unidos, co 8%, e de Italia co 7%, segundo destacou o rexedor este martes.

Descargar todas as imaxes