Escoitar

Caballero advirte que o Concello irá aos tribunais se a Xunta non asume a gratuidade das escolas infantís municipais

Abel Caballero dirixiu hoxe unha “última advertencia” á Xunta co anuncio da reclamación pola vía contencioso-administrativa da gratuidade das nove escolas infantís municipais se Alfonso Rueda desatende o requerimento que lle enviará hoxe e mantén a desigualdade de trato con Vigo. O alcalde tamén avanzou que o goberno municipal acordou prorrogar en 2025 o contrato da xestión das escolas infantís municipais de Santa Cristina, en Lavadores, e Costeira, en Saiáns, por 538.000 euros.

luns, 7 out 2024

Abel Caballero lembrou hoxe que á rede de 9 escolas infantís municipais de Vigo, que ofrece 674 prazas para nenos de 0 a 3 anos, o Concello destina este ano un total de 2,5 millóns de euros para ofrecer de modo totalmente gratuíto tanto “a matrícula, como o ensino, e o comedor”.

O rexedor insistiu en que se a Xunta se nega a asumir a gratuidade dos nove centros municipais de Vigo, como fai cos doutros concellos de Galicia, xera “unha fraude á cidade de Vigo”. Incidiu en reclamar que a administración galega proporcione a Vigo o “mesmo trato que ao resto de Galicia”.

O alcalde sinalou que o Concello interpoñerá un recurso contencioso contencioso-administrativo se a Xunta non asume o requirimiento que se remitirá hoxe a Alfonso Rueda para a gratuidade das escolas infantís municipais de Vigo como xa o fai en “moitas outras de moitos outros concellos” de Galicia.

Descargar todas as imaxes