Escoitar

O Concello financia 82 entidades deportivas que fomentan o deporte feminino

Un total de 82 entidades que promoven o deporte feminino recibirán apoio económico municipal para a temporada 2024/2025. Cun importe de 45.000 euros, estas axudas abranguen a práctica de 28 modalidades deportivas.

martes, 8 out 2024

O Concello deu luz verde ás subvencións para entidades deportivas que fomentan o deporte feminino. Concretamente, a Xunta de Goberno validou 82 subvencións para outras tantas asociacións por un importe total de 45.000 euros. Deste xeito, explicou o rexedor, o Concello financia a práctica de 28 modalidades deportivas e de deporte adaptado.

O goberno local tamén aprobou o convenio coa Asociación de Mariñeiros artesanais e deportivos San Miguel de Bouzas cun importe de 16.000 euros para axudar a promover, conservar e difundir a cultura mariñeira e das embarcacións tradicionais do colectivo e do Concello (traiñeiras, galeón, bote pulpeiiro, gamela e coruxeira).

Descargar todas as imaxes