Escoitar

A web municipal conta con “Vigo25”, un buscador avanzado con intelixencia artificial

O Concello lanza un novo asistente virtual que está deseñado para ofrecer respostas rápidas a consultas da cidadanía. Caballero avanzou que se trata dun sistema para ofrecer, entre outros, información sobre procedementos administrativos, eventos ou avisos.

mércores, 9 out 2024

O Concello porá en marcha esta semana un asistente virtual na web municipal, un buscador avanzado dotado con intelixencia artificial. “Vigo25” está deseñado para ofrecer respostas rápidas e globais ás consultas da cidadanía.

Tal e como explicou o rexedor, este novo buscador intelixente de Vigo distínguese pola súa capacidade para ofrecer información de cidade, desde procedementos administrativos ata datos de eventos, avisos ou puntos de interese, entre outros. O sistema irá actualizándose para ampliar a súa capacidade de resposta.

 

Descargar todas as imaxes