Escoitar

Mulleres artistas de Vigo protagonizan a nova edición do programa “VigoFem” a próxima semana

O martes 22 de outubro terá lugar a primeira das tres actuacións previstas dentro do programa artístico e cultural VigoFem, que se desenvolverá no Museo MARCO e na Porta do Sol.

venres, 18 out 2024

Abel Caballero avanzou este venres o programa VigFem que comeza o próximo martes, ás 19,30 na galería do Museo MARCO, coa interpretación de Arantxa Treus, Grial Montes, Humi Domado, e textos de Isabel Blanco.

O mércores 23 terá lugar ás 20,30 horas, tamén na galería do MARCO, o concerto-performance a cargo de Esperanza Mara.

A última actividade, prevista ás 21,00 horas do venres 25 na Porta do Sol, contará coa actuación do grupo "De Vacas".

O alcalde lembrou que o Concello creou VigoFem como un espazo "para avanzar nos principios da igualdade e difundir a cultura feminista, ademais de impulsar a creatividade".

Descargar todas as imaxes