martes, 15 out 2024
O alcalde avanzou esta mañá que a Casa das Artes volverá acoller o xa tradicional Belén de Nadal que este ano contará con 50 m2 máis de exposición. O Goberno local adxudicou esta montaxe á Agrupación Belenista La Morana cun importe de 192.461 euros para as campañas de 2024 e 2025.
martes, 15 out 2024
O alcalde manifesta de novo que a cidade quere coñecer a puntuación do resto das candidaturas seleccionadas para o Mundial 2030 e responde: “Se falamos de financiamento, Vigo ten débeda cero”.
martes, 15 out 2024
O alcalde avanzou esta mañá que o Pazo de Castrelos albergará a partir do xoves e durante un mes unha exposición da mellor cerámica castrexa de Galicia. Esta “extraordinaria” mostra reunirá 75 réplicas cerámicas procedentes dos 24 xacementos máis representativos de toda Galicia.
martes, 15 out 2024
Este martes, 15 de outubro, o Concello súmase a conmemoración do "Día Internacional da perda xestacional, neonatal e perinatal" iluminando de rosa e azul as fontes de Aragón. A iniciativa ten como obxectivo concienciar e sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de proporcionar maior compresión e apoio tanto as mulleres como as súas parellas, familias e contorna próxima ante a perda dun bebé durante o embarazo, o período neonatal ou o primeiro ano de vida.
martes, 15 out 2024
Abel Caballero participou este martes na inauguración do novo centro de maiores que prestará servizo de atención e coidados nas súas instalacións de Tomás Alonso. O alcalde, xunto á concelleira de Benestar Social, Yolanda Aguiar, visitou os diferentes espazos do centro, que conta con 125 camas, acompañado da dirección e parte do equipo, e valorou a súa situación e o seu proxecto de atención ás persoas maiores.