Escoitar

Caballero insiste en coñecer as valoracións de todas as sedes elixidas para o Mundial 2030

O alcalde manifesta de novo que a cidade quere coñecer a puntuación do resto das candidaturas seleccionadas para o Mundial 2030 e responde: “Se falamos de financiamento, Vigo ten débeda cero”.

martes, 15 out 2024

Abel Caballero volve reclamar á Federación Española de Fútbol que faga públicas as puntuacións de todas as candidaturas presentadas para albergar as sedes do Mundial 2030. “Publicidade e transparencia, é o esixible a calquera institución financiada con cartos públicos”, expresou.

O alcalde lembrou que xa enviou unha carta á Federación e a resposta foi “que Vigo tiña obtido no procedemento de selección os resultados máis baixos en canto á estrutura financeira”. Unha resposta que xera as sospeitas do alcalde “porque Vigo é a única cidade das que se presentan que ten débeda cero e porque non se fan públicas as puntuacións do resto das candidaturas”.

Descargar todas as imaxes