Escoitar

O Concello apoia o "Marengo Fest. Festival Internacional Cidade de Vigo" que se celebrará en maio de 2025

O Auditorio Municipal será escenario, do 7 ao 10 de maio de 2025, da primeira edición do "Marengo Fest. Festival Internacional Cidade de Vigo", organizado por Marengo Producións&ACT-Galicia coa colaboración do Concello. O edil de Cultura, Gorka Gómez, recalcou o apoio municipal para consolidar o festival de curtametraxes e documentais nunha cidade que xa se converteu nun estudio de cinema para importantes producións audiovisuais.

luns, 14 out 2024

A primeira edición do "Marengo Fest. Festival Internacional Cidade de Vigo" conta xa coa inscrición de 355 curtametraxes de distintas nacionalidades e o prazo de inscrición para participar mantense aberto ata o 14 de febreiro de 2025, segundo avanzou este luns o concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, ao poñer en valor o interese espertado pola cita cinematográfica.

O festival está apoiado por intérpretes e directores de peso na cinematografía nacional como Gracia Querejeta, Miguel Rellán, Fernando Guillén Cuervo, Fernando Soto, Conchi Iglesias, José Manuel Carrasco, Carlos Sedes e Lupe Carité, que conformarán o xurado.

Gorka Gómez destacou a transcendencia de que Vigo acolla, ademais da numerosas rodaxes de producións con proxección nacional e internacional, festivais de cinema. Apuntou a vontade do Concello en conseguir a consolidación deste festival.

Premios

O certame entregará premios por valor total de 35.000 euros e premiará as mellores curtas nacionais e internacionais con 7.000 euros. Ten establecidas cinco categorías de galardóns: fantástico e de terror; animación: realizado en galego, temática social e documental. A estes súmanse os destinados a mellor actor, actriz, dirección, guión e o premio do público. A organización anuncia o desenvolvemento de numerosas actividades en paralelo á celebración do festival.

Descargar todas as imaxes