O goberno municipal dá luz verde ás obras do aparcamento de Matamá
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o proxecto de obras do aparcamento na rúa Manuel Cominges de Matamá por un importe de 1.164.000 euros.

“Será unha actuación de humanización como merece a xente de Vigo”, apuntou Abel Caballero, ao dar conta da aprobación do proxecto de obras que ten un prazo estimado de execución de 9 meses.
O goberno municipal construirá un aparcamento ao aire libre nunha parcela de titularidade municipal con espazo para 123 vehículos en batería e 4 prazas para persoas con mobilidade reducida.
Tal e como explicou o rexedor, coa obra mellorarase a seguridade viaria na contorna e a accesibilidade peonil, instalaranse colectores de saneamento de fecais e pluviais, renovaranse as redes de servizos, soterraránse as canalizacións das redes de iluminación pública, a semaforización e as redes de rega e instalarase nova iluminación e unha zona axardinada con árbores.