Vigo conmemora o Día Mundial do Cancro de Mama Metastásico
O Concello súmase á celebración da xornada iluminando de verde e azul as fontes de Aragón co fin de visualizar unha enfermidade para a que aínda non hai cura, polo que as pacientes e as familias demandan máis investigación e atención para mellorar a calidade de vida das mulleres que a sofren.
