A nova piscina de Teis, cun investimento de 6,9 millóns, incluirá dúas salas para actividades deportivas
O Concello avanza la remodelación integral da piscina de Teis coa aprobación esta mañá do proxecto de rehabilitación. Cun custo de 6,9 millóns, a previsión é construír un edificio máis moderno, confortable e moito máis eficiente que se converterá “na mellor piscina climatizada de Galicia”, suxeriu o alcalde.
O Concello aprobou o proxecto que para reformar case integralmente a piscina de Teis. Cun orzamento de case 6,9 millóns e tras o incendio rexistrado no ano 2022, é preciso realizar unha rehabilitación case total da instalación.
Segundo explicou o rexedor, melloraranse as fachadas cambiando o revestimento de pedra por outra con illamento térmico; disporase de dúas novas salas para actividades deportivas que estaban infrautilizadas; renovaranse as instalacións debido a novos requisitos en canto a baixo consumo enerxético, maior eficiencia e usos de enerxía renovable; mellora dos materiais de cuberta; renovación completa do sistema eléctrico; mellóranse os acristolamentos de muros; avanzase na accesibilidade universal; avanzase na protección contraincendios e proporanse máquinas de climatización de moi alta eficiencia.
Todas estas melloras ensambladas nun único proxecto outorga ao edificio un aspecto moderno exteriormente, máis confortable e moito máis eficiente.