O alcalde celebra o nivel turístico da cidade, que tivo un 84,2% de ocupación en setembro
Abel Caballero referiuse tamén este luns aos datos de ocupación do aeroporto de Vigo, que durante o mes de setembro acadou o 84,46%.
“O aeroporto de Vigo segue batendo récords”, apuntou o rexedor, ao dar conta da ocupación dos voos no aeroporto olívico que durante o mes de setembro foi do 84,46%, “unha cifra lixeiramente superior á de 2023”. Os destinos con maior ocupación foron Barcelona, Gran Canaria e Tenerife.
Respecto aos hoteis, a ocupación media do mes de setembro foi do 84,2%m “unha subida de case o 10% con respecto ao mes de setembro do ano 2023”. Segundo sinalou Caballero, de confirmarse este dato coa publicación do INE do mes de setembro, a cidade terá rexistrado “o mes de setembro turístico máis importante da súa historia. Isto é o que sucede en Vigo, unha pata moi importante da nosa economía, o turismo, está en niveis de ocupación que supera á inmensa maioría das cidades tradicionalmente turísticas de España”.