Escoitar

O Concello inviste 408.000 euros na mellora do campo de fútbol e a pista de rodadura das Travesas

O alcalde e o concelleiro de Deportes visitaron este martes o resultado das obras de mellora realizadas no céspede do campo de fútbol e de hóckey así como da remodelación da pista de rodadura, do Pavillón de As Travesas. Estas obras contaron cun investimento de 408.000 euros.

martes, 15 out 2024

Abel Caballero destacou hoxe que o Concello cambiou a herba de todo o campo de fútbol para que poida contar con dobre uso deportivo, xa que tamén permitirá a práctica do hóckey. Esta obra contou cun investimento de 350.000 euros. Ademais, o Concello de Vigo investiu  58.000 euros en instalar unha nova capa asfáltica nos 3.250 metros cadrados da pista de rodadura situada no perímetro do campo de fútbol, coa que se melloran os adestramentos de ciclistas, patinadores e triatletas.

O rexedor incidiu en que este investimento supón “un resultado magnífico porque o campo de fútbol queda nunhas condicións fantásticas, e a pista de rodadura está perfectamente acondicionada para facer ciclismo e patinaxe en velocidade”.

Abel Caballero e Manel Fernández percorreron as renovadas instalacións con representantes dos clubs Freestyel Slalom, CD. Celta Patín, Tríatlon Mar de Vigo e Club Ciclista Vigués.

Descargar todas as imaxes