Caballero: “Repoñeremos as árbores que tumbou o temporal Kirk”
O alcalde explicou que as incidencias foron “dunha gran envergadura”, xa que afectou a 218 árbores en toda a cidade.
“A zona máis danada”, tras o paso do temporal Kirk, foi o ámbito do Lagares na que “se detectaron incidencias en ata 75 árbores, dos que 40 foron caídas”, destacou Abel Caballero. Estes feitos provocaron que “unha parte do paseo contase con dificultades para transitar”, a pesar de que xa “estamos traballando en retirar os restos dos árbores e as ramas”.
O alcalde anunciou que “repoñeremos as árbores que tumbou o temporal Kirk”, e recordou que ademais de esa situación de emerxencia provocada polo temporal, na obra do paseo fluvial do Lagares “estamos plantando 780 árbores e arbustos como carballos e freixos”.
“Seguimos traballando en restaurar as feridas que deixou Kirk”, que en total afectou a 218 árbores en toda a cidade, “atendendo tamén a árbores que non chegaron a caer pero quedaron inclinados”.