Escoitar

Caballero: “Melloramos o servizo de transporte despois dos partidos do Celta, renomeando as rutas como Río, Marcador e Gol”

O rexedor tamén desvelou a próxima implantación dun novo servizo á Cidade Deportiva da Madroa para os partidos de As Celtas, que arrincará o vindeiro domingo 3 de novembro.

mércores, 16 out 2024

O Concello estenderá o perecorrido das liñas dende o Estadio Municipal de Balaídos, para contar con “máis e mellor servizo” tras os partidos do Celta. Caballero explicou que as tres liñas que ata agora funcionaban ao remate dos encontros, coñecidas como F1, F2 e F3, mudan de nome para pasar a denominarse Río, Marcador e Gol.

Outra das novidades máis destacadas é a reubicación das zonas de saída das lanzadeiras, que se situarán en puntos ben diferenciados da Avenida de Fragoso, co obxectivo de garantir unha mellor accesibilidade aos autobuses para os asistentes ao partido.

Os percorridos destas lanzadeiras son os seguintes:

  • Río: Balaídos – Castrelos – Pza. América – Gran Vía – Pizarro – Travesía – Buenos Aires – Sanjurjo Badía – García Barbón (cruce Isaac Peral)
  • Marcador: Balaídos – Manuel de Castro – Martín Echegaray – Castelao – Pza. América – Camelias – Venezuela – Urzáiz – República Argentina – García Barbón – Isaac Peral – San Lourenzo – Travesía Vigo – Jenaro de la Fuente – Martínez Garrido
  • Gol: Balaídos – Manuel de Castro – Avda. Florida – Teixugueiras – Limpiño – Tomás Paredes – Camilo Veiga – Tomás Alonso – Pza. Eugenio Fadrique – Torrecedeira – Berbés – Cánovas Castillo – Reconquista – Policarpo Sanz – Colón – Urzáiz – Travesía – Gregorio Espino

Abel Caballero explicou que se implantará un novo servizo á Cidade Deportiva da Madroa para “facilitar a asistencia” aos partidos de As Celtas, que arrincará o vindeiro domingo 3 de novembro. “Estará a modo de proba, para detectar a demanda e así axustar a ruta”, finalizou o primeiro edil.

 

 

 

 

Descargar todas as imaxes