Escoitar

Vigo volve liderar o pronto pago a provedores con 8,5 días no mes de setembro

Abel Caballero destacou o bo estado das finanzas municipais eludindo ao último dato de pago a provedores, situado en 8,5 días no mes de setembro. Ademais de manter a débeda 0, o Concello fixo pagos por valor de 123 millóns no que vai de ano.

mércores, 16 out 2024

Vigo segue a ser o concello líder no pago a provedores en Galicia e en España. Tal e como indicou o rexedor, o Concello abona nun prazo “extraordinariamente” rápido como volvemos certifica en setembro cun prazo de 8,5 días. No que vai de ano, o goberno local fixo pagos por 123.074.320 euros, mantendo débeda 0.

Outras urbes galegas fixeron os seus pagos en prazos moito máis longos. A Coruña, en 72 días; Santiago, en 119 días; Pontevedra, en 29 días; Ourense, en 137 días e Lugo, en 28 días. No caso da Xunta o período medio foi de 12 días, tamén.

Caballero destacou que estes datos son unha mostra de eficiencia e capacidade, que brinda unha importante contribución á economía e ás empresas.

 

Descargar todas as imaxes