Escoitar

Caballero defende ante o estudantado o valor profundo da igualdade "como principio que orienta e marca a vida"

O alcalde asegurou este mércores aos alumnos do instituto da Guía e dos colexios Maristas, Alba e Salesianos, que participaron na primeira sesión da proxección da película de Xiana do Teixeiro "Tódalas mulleres que coñezo", programada nos actos con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller, que "a igualdade é un valor profundo, un principio que orienta e marca a vida".

mércores, 27 nov 2024

"O maltrato é un acto de covardía", incidiu hoxe o alcalde ante os estudantes de ESO, Bacharelato e ciclos formativos de Formación Profesional, que asistiron ás sesións de cinema e posterior debate programadas polo Concello no Auditorio Municipal con motivo das actividades previstas dentro da conmemoración do 25N.

Caballero proclamou a "loita total e absoluta contra a violencia machista" e asegurou que nestes momentos "rebelámonos ante os malos tratos".

No acto en que participou a concelleira de Igualdade, Ana Laura Iglesias, o rexedor animou ao estudantado a debater sobre a transcendencia da igualdade "que ten que ser parte integrante da vida". Insistiu en que se trata de "un valor que hai que integrar colectivamente.

Descargar todas as imaxes