Escoitar

O goberno municipal inviste 15.000 euros na mellora do cemiterio de Beade

O alcalde informou este martes da execución de varias obras de acondicionamento da contorna da capela do cemiterio municipal que estarán rematadas antes de que finalice o ano.

martes, 26 nov 2024

O Concello investirá 15.000 euros nas obras de mellora da contorna da capela do cemiterio municipal de Beade, coa previsión de que estean rematadas antes de final de ano.

Abel Caballero explicou este martes que o obxectivo da obra é a reparación e mantemento da contorna axardinada do camposanto municipal, acondicionando os recintos e realizando unha nova plantación de árbores. Tal e como apuntou, retiraranse os buxos en mal estado, acondicionarase o recinto de peche con arbustos e plantaranse cipreses aliñados coa entrada á capela, que permitirán conformar un camiño de entrada ao templo. Contarán tamén cun sistema de rega para que esta nova estrutura vexetal “poida perdurar no tempo”.

 

Descargar todas as imaxes