luns, 25 nov 2024
Abel Caballero e a presidenta do club, Marián Mouriño, asinaron esta tarde a notificación dun acordo que lle permitirá á entidade organizar grandes eventos no campo municipal entre o 2 de xuño e o 15 de xullo. O Concello e o club amplían a súa cooperación para reforzar a marca Vigo como referencia cultural e turística.
luns, 25 nov 2024
Este martes 26 de novembro ás 6 da madrugada abre o túnel de conexión da AP-9 coa estación de Vialia. O importe do conxunto dos accesos foi de máis de 11 millóns de euros. “É unha conexión que permite aos vehículos que circulan pola AP-9 entrar na estación de Vialia sen ter que entrar na cidade”. O alcalde tamén deu conta da ocupación hoteleira da fin de semana, que foi do 86%.
luns, 25 nov 2024
Luisa Ocampo Pereira, de Mulheres Nacionalistas Galegas, en representación do Consello Municipal da Muller leu no Pleno deste luns a declaración institucional con motivo da conmemoración do 25N.
luns, 25 nov 2024
A Corporación Municipal deu luz verde á moción socialista que demanda ao goberno autonómico a gratuidade total dos libros de texto para o alumnado galego e, amais, insta á Xunta a atender os centros educativos da cidade.
luns, 25 nov 2024
O Pleno da Corporación Municipal de Vigo aprobou este luns, cos votos a favor dos concelleiros do PSdeG-PSOE e do BNG, e a oposición dos edís do PP, a moción do grupo socialista instando á Xunta a cumprir o mandato do Goberno de facilitar a participación dos concellos tanto na xestión como na execución dos fondos transferidos ao goberno galego correspondentes ao Plan de Reconstrución Transformación e Resiliencia da Economía Social e dos Coidados.
luns, 25 nov 2024
O Pleno do Concello amosa a seu apoio á cidadanía e aos concellos e deputacións da Comunidade Valenciana, Castela A Mancha e Andalucía afectados pola DANA con esta declaración da Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias.