A Porta do Sol acolle esta noite un concerto reivindicativo para reclamar o tren directo de Alta Velocidade a Madrid
Abel Caballero: “Queremos un tren directo a Madrid sen realizar unha volta de 50 minutos indo ata Santiago, non o aceptamos de ningún modo"
O rexedor vigués convocou á cidadanía a un concerto reivindicativo, que se celebrará ás 20:00 horas na Porta do Sol, no que actuará a Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI). "Será un concerto con centos de coralistas no que lle diremos a todo o mundo que Vigo ten dereito a un tren directo a Madrid por Cerdedo", sinalou.
“Non imos aceptar nunca dende Vigo ter que ir a Madrid realizando unha volta de 100 quilómetros por Santiago” exclamou o rexedor vigués. “Vigo non ten tren directo de Alta Velocidade a Madrid e non estamos dispostos a asumilo”, explicou Caballero, para engadir que a cidade non dispón de esa conexión porque "o PP negoullo, con Aznar, con Feijóo e con Rajoy".