O alcalde valora aos deportistas de elite que “levan o nome de Vigo por España”
O Concello entrega esta tarde as bolsas municipais a 28 deportistas sub-23 de alto nivel para apoialos nas súas actividades.
A Casa Galega da Cultura acolle este mércores a entrega das bolsas municipais a 28 deportistas de elite sub-23 da cidade. O programa, que ten un orzamento de 20.000 euros, ten como obxectivo apoiar a actividade destas mozas e mozos en competicións individuais, en parellas ou tríos, tanto nacionais como internacionais.
Tal e como explicou o rexedor, as bolsas municipais para deportistas de alto nivel sub-23 oscilan entre os 400 os 1.000 euros e destínanse a financiar desprazamentos e “facer un pouco máis fácil a dificultade que ten de ser deportistas de elite”.
Abel Caballero puxo en valor o traballo destas “mulleres e homes que levan o nome de Vigo por España adiante e queremos apoialos na súa actividade”.