Abel Caballero celebra 50 anos de Rodman Polyships
O alcalde achegouse ao acto polo 50 aniversario de Rodman Polyships, onde louvou a acción do presidente do Grupo Rodman, Manuel Rodríguez, polo éxito na súa traxectoria. Caballero puxo en valor o seu labor, coa construción de milleiros de embarcacións, co traballo que xera no sector naval e a internacionalización da marca presente en máis de 60 países. "A nosa felicitación polo voso traballo encomiable. Parabéns!", concluíu na súa intervención.


