Abel Caballero: "Vigo volveu mostrar a súa forza demandando de xeito irrenunciable o tren de alta velocidade directo a Madrid”
A Porta do Sol acolleu un concerto reivindicativo no que actuou a Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI) ante milleiros de persoas.

“Foi un acto cívico no que mostramos o pulso, o músculo político e a capacidade de resposta”, exclamou o rexedor, para explicar o concerto reivindicativo da Asociación de Corais Polifónicas de Vigo na Porta do Sol.
Abel Caballero solicitoulle ao presidente do Goberno “que siga adiante co Vigo-Madrid directo por Cerdedo, que o acelere” xa que é “a gran prioridade ferroviaria de Galicia”. “Non imos aceptar nunca dende Vigo, ter que ir a Madrid realizando unha volta de 100 kilómetros por Santiago” exclamou o rexedor vigués.
“É irrenunciable que o tren Vigo-Madrid sexa directo por Cerdedo”, xa que esta cidade “non ten tren directo de Alta Velocidade á capital do Estado e non estamos dispostos a asumilo”, e sinalando que "o PP deixounos sempre sen AVE, priorizando sempre a conexión Coruña, Santiago e Ourense”. Rematou facendo referencia tamén a concexión ferroviaria con Porto, “con data de remate no 2030” e ao proxecto de autovía en túnel a Porriño.




