Escoitar

O Concello anima a participar no programa de actos do "Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a muller"

O alcalde afirmou este xoves que o novo programa de actos organizado para conmemorar o 25 de novembro consolida a vocación de Vigo por ser referente e pioneiro na loita contra as violencias machistas.

xoves, 31 out 2024
Momento da presentación do programa
Momento da presentación do programa

Abel Caballero e as concelleiras Carmela Silva e Ana Laura Iglesias, presentaron este xoves, coas integrantes do Consello Municipal da Muller de Vigo, Charo Otero, Luz Iglesias, Ángeles Arias e Elena Rodríguez, o programa coas 15 actividades organizadas, desde o martes 5 de novembro ao martes 3 de decembro, para conmemorar o 25N: “Día Internacional da eliminación das violencias contra a muller”.

“Seguir alzando a voz desde Vigo contra as violencias machistas” é o compromiso revalidado hoxe polo alcalde ao lembrar que o Concello mantén unha “mobilización permanente, durante os 365 días do ano” en denuncia da violencia contra as mulleres.

Caballero destacou o acto “Enlaza Vigo”, programado para o día 25 de novembro, pola transcendencia da mobilización dos mozos en contra da violencia que padecen as mulleres por ser muller.

A primeira tenente de alcalde, Carmela Silva, lembrou que a loita contra as violencias “é unha gran prioridade para o Concello”. Tras recoñecer o “traballo extraordinario” do Consello Municipal da Muller por ofrecer un programa que ten en conta a todo o movemento feminista, a edil puxo en valor a sucesión de actos que terán lugar ao longo de todo o mes de novembro para “concienciar, reivindicar, denunciar e poñer en pé a toda a sociedade” sobre o problema da violencia contra as mulleres. “Vigo tómao moi en serio”, argumentou.

A portavoz do Consello municipal, Elena Rodríguez, animou a participar nas distintas actividades dun programa “no que non falta de nada”.

Programa

  • Martes, 5 de novembro

Proxección do filme: “As Neves” (2024) de Sonia Méndez. Coloquio posterior coa directora

Lugar: Galería do MARCO. Rúa do Príncipe, 54

Entrada libre ata completar a capacidade do local

Hora 17.00

  • Mércores, 6 de novembro

Conferencia “A violencia contra a muller no deporte” pola conta de Águeda Gómez (Uvigo)

19:00 h

Lugar: Casa Galega de Cultura. Praza da Princesa, 2

Entrada libre ata completar a capacidade do local

  • Xoves, 7 de novembro

Mesa redonda “O senfogarismo femenino"” pola conta de Eva Aguayo (USC)

19:00 h

Lugar: Casa Galega de Cultura. Praza da Princesa, 2

Entrada libre ata completar a capacidade do local

  • Martes, 12 de novembro

Proxección do filme: “Mientras duermes” (2011) de Jaume Balagueró

19:00 h

Lugar: Galería do MARCO. Rúa do Príncipe, 54

Entrada libre ata completar a capacidade do local

  • Mércores, 13 de novembro

Proxección do filme documental “ Patriarcado, el organismo nocivo” (2022) de Teresa Soler e Albert Sanfeliu. Coloquio posterior. Coa colaboración da Subdelegación do Goberno

20:00 h

Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei,1

Entrada libre ata completar a capacidade do local

  • Xoves, 14 de novembro

Peza teatral contra a violencia machista “Golpes”. Dirección: Xosé Leis. Intérprete: Estíbaliz Veiga. Compañía aAntena

20:00 h

Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei,1

Entrada libre ata completar a capacidade do local

  • Venres, 15 de novembro

Concerto a cargo de GUADI GALEGO

21:00 h

Lugar: Teatro Salesianos. Rúa Venezuela, 3

Entrada libre ata completar a capacidade do local

  • Luns, 18 de novembro

Exposición contra a violencia de xénero #AMIGODÁTECONTA

Coa colaboración da Delegación do Goberno en Galicia

Lugar: Praza do Rei

  • Mércores, 20 de novembro

Presentación libro do libro “Os anos tranquilos” (Xerais, 2024) pola conta da autora Llerena Perozo Porteiro

19:00 h

Lugar: Centro de Documentación e Recursos Feministas

Biblioteca Pública de Vigo “Juan Compañel”. Rúa Joaquín Yáñez 6-2.º andar

  • Xoves, 21 de novembro

Actuacións musicais a cargo de: SILA LUA e CATUXA SALOM

19:00 h

Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei,1

Entrada libre ata completar a capacidade do local

  • Venres, 22 de novembro

Espectáculo: “Feminíssimas”. VigoCultura

Dirección: Xavier Castiñeira. Elenco: Stephy Llaryora, Noelia Blanco e Ana San Fernando.

Compañía De Ste Xeito Producións

20:00 h

Auditorio Municipal. Praza do Rei, 1

Prezo 5 €. Venda anticipada de entradas

  • Luns, 25 de novembro

 ENLAZAVIGO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de FP

De 10:30 a 12:30

Lugar: Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo

Entrada con invitación previa

MANIFESTACIÓN

20:00 h

Convoca Rede de Mulleres contra os Malos Tratos

Cruzamento da Vía Norte con Urzáiz

  • Mércores, 27 de novembro

Proxección “Tódalas mulleres que coñezo” de Xiana do Teixeiro

Sesións escolares para alumnado de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de FP

De 10:00 a 13:30

Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei, 1

Entrada con invitación previa

  • Xoves, 28 de novembre

Teatro “Cigarreras”

Dirección: Cándido Pazó. Elenco: Tamara Canosa, Susana Dans, Merce Castro, Isabel Naveira, Covadonga Berdiñas, Casilda G. Alfaro e Ledicia Sola.

Compañía Contraproducións

20:00 h

Lugar: Auditorio Municipal. Praza do Rei,1

Entrada libre ata completar a capacidade do local

  • Luns 2 e martes 3 de decembro

Xornadas formativas sobre a Abolición da prostitución

De 16:30 a 20:30 h

Xornadas presenciais

Inscrición previa

Lugar: Sala de conferencias do Centro Social Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 26

 

 

Descargar todas as imaxes