luns, 28 out 2024
                    O Concello pechará 2024 coa execución de investimentos por valor de 50 millóns de euros do capítulo VI do Orzamento Municipal - investimentos-, liderando a licitación de obras sobre o resto das cidades galegas, segundo informou este luns no Pleno o concelleiro de Orzamentos e Facenda, Jaime Aneiros. O edil tamén destacou que Vigo mantense “á vangarda” dos municipios polo pago das facturas aos seus provedores en 8,5 días.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    luns, 28 out 2024
                    A moción do grupo municipal socialista demanda ao goberno autonómico o mesmo investimento que noutras cidades de Galicia. O Pleno tamén insta á Xunta a investir 10 millóns máis para as infraestruturas viarias e a declarar a gratuidade da autoestrada entre Vigo e Baiona.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    luns, 28 out 2024
                    Os votos do PSOE e do BNG deron luz verde a unha moción socialista que insta á Xunta a planificar os recursos humanos no PAC para evitar situacións de desatención sanitaria. O PP votou en contra dun texto que destaca que as urxencias extra hospitalarias contan en moitas ocasións cun 25% do persoal.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    luns, 28 out 2024
                    A pedimento do alcalde, o Pleno da Corporación municipal de Vigo gardou hoxe un minuto de silencio en homenaxe á recentemente falecida Marta Souto, funcionaria do Concello de Vigo no departamento normalización lingüística. Abel Caballero, ademais de asegurar que Souto era unha "gran persoa", destacou o "magnífico traballo" desenvolvido tanto no Concello como na Xunta durante a súa etapa como secretaria xeral para o Deporte.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    luns, 28 out 2024
                    A cidade portuguesa de Braga acolleu a décima edición dos Xogos Europeos de Policías e Bombeiros nos que un ano máis participou a Policía Local de Vigo. Os 14 axentes (11 homes e 3 mulleres). que representaron ao corpo municipal, trouxeron do país veciño un total de 40 medallas  (26 de ouro, 8 de prata e 6 de bronce). O rexedor transmitiulles esta mañá a súa felicitación e orgullo por este feito, aproveitando para animalos a seguir competindo en representación da cidade.
                 
            
                                        
                
                
                    
                    
                    
                    luns, 28 out 2024
                    O rexedor vigués anunciou esta mañá que o autobús urbano contará cun servizo especial a noite do xoves 31 de outubro. O servizo consistirá no reforzo das liñas N1, N4 e a C1 Nocturna, ofrecendo "unha frecuencia media de 15 a 20 minutos". As liñas nocturnas "están tendo unha boa acollida", explicou Caballero, sinalando que "na última fin de semana utilizaron este servizo máis de 1350 persoas".