O servizo nocturno do bus urbano amplíase con motivo da ponte de Tódolos Santos
O rexedor vigués anunciou esta mañá que o autobús urbano contará cun servizo especial a noite do xoves 31 de outubro. O servizo consistirá no reforzo das liñas N1, N4 e a C1 Nocturna, ofrecendo "unha frecuencia media de 15 a 20 minutos". As liñas nocturnas "están tendo unha boa acollida", explicou Caballero, sinalando que "na última fin de semana utilizaron este servizo máis de 1350 persoas".
