Escoitar

Comeza a conta atrás para o Nadal

O alcalde activou o reloxo coa conta atrás para o comezo do Nadal situado no Farol de Urzáiz.

venres, 25 out 2024

O alcalde apuntou que a data do encendido das luces e da árbore mantense por agora como o segredo “mellor gardado do planeta, porque cando nós premamos o botón vermello da árbore de Nadal e das árbores de luces na Porta do Sol, arrincará o Nadal no planeta”.

Récord turístico en setembro
O pasado setembro ergueuse como o mes turístico máis importante da historia de Vigo, segundo recalcou hoxe o alcalde. “Seguimos batendo récords nunha área tan importante como o turismo. Tivemos un 2,3 por cento de incremento de turistas con respecto a 2023, que xa fora o nunca visto”, afirmou.

Caballero explicou que o 57 por cento dos turistas son viaxeiros nacionais e un 43 por cento son internacionais. “Temos unha importantísima afluencia doutros países, fundamentalmente de Portugal, pero tamén de Estados Unidos, Reino Unido, Francia, Italia e Alemaña, entre outros”, indicou. En pernoctacións tamén se baten marcas.

O rexedor lembrou que en Vigo existen 5.582 prazas hostaleiras e 9.000 vivendas de uso turístico. “Énchese todo”, apuntou ao expresar que aínda que o goberno local é máis proclive ás prazas hostaleiras “porque xeran máis valor engadido, máis emprego", os pisos tamén xeran riqueza na cidade.

Descargar todas as imaxes