A Fundación Laxeiro acolle ata xaneiro a mostra "Ollo á orella" con 8 obras sonoras e 1 partitura colectiva
A Fundación Laxeiro expón a partir de mañá venres, ata o 12 de xaneiro de 2025, a exposición "Ollo á orella" con oito obras sonoras e unha partitura colectiva. As artistas Ana Gesto, Elena Matamoro, Berio Molina, Macarena Montesinos, Acacia Ojea, Alejandra Pombo, Anxo Rodríguez, Xoán Xil, Horacio González e Ariel Ninas, vertebran a mostra comisariada polo profesor da facultade de Belas Artes de Pontevedra, Ignacio Barcia. O alcalde remarcou hoxe, durante a presentación da exposición, a dimensión do desaparecido pintor José Otero Abeledo, Laxeiro, a quen se dedica a fundación con sede na Casa Galega das Artes.
Descargar todas as imaxes