Escoitar

O goberno local aproba 80 novas axudas de emerxencia por case 27.000 euros

A comisión de axudas de emerxencia do Concello aprobou esta semana a concesión de 80 novos apoios por valor de 27.000 euros, segundo avanzou hoxe o alcalde.

mércores, 23 out 2024

O Concello de Vigo entregou ao longo deste ano un total de 3.640 axudas de emerxencia por valor de 1.121.000 euros. Neste montante están enmarcadas as 80 concedidas esta semana, das que 23 son para gastos de alugueiro, por importe de 8.566 euros; 27 para alimentación, cun custo de 8.230 euros; 20 para luz ou auga; e outras 2 para bonotaxi, por 800 euros. Tamén se sufragaron gastos sanitarios e melloras de habitabilidade.

Caballero indicou que en 2024 se superarán “con moito” as axudas concedidas o ano pasado. “Estamos xa cun orzamento de 1.400.000 euros este ano, e o ano pasado estivemos debaixo de 1.300.000, por tanto, seguimos aplicando política social na cidade de Vigo”, afirmou.

Descargar todas as imaxes