O alcalde transmite o apoio do Concello ás emprendedoras que participan no "VIII Congreso Empresarial"
Abel Caballero transmitu este martes o apoio municipal aos valores de "modernidade e dunha forma distinta de entender a economía" transmitidos polas asistentes ao "VIII Congreso Empresarial. Acción e Implicación", organizado por "Empresarias de Galicia". Ante as emprendedoras, o rexedor remarcou que Vigo "é economía, somos cidade que vive, ama, e respira economía en toda a súa complexidade". Animounas a "seguir impregnando os valores sociais da economía co talento de tantas persoas que toman iniciativas con calidade e con excelencia", e a ter claro que desde a sororidade representan "unha forma moito máis positiva de entender a economía".


