Escoitar

O Concello conmemora o "Día das Bibliotecas" co préstamo a domicilio de libros do MARCO

Ante a celebración o vindeiro xoves 24 de outubro do “Día das Bibliotecas”, o alcalde anunciou hoxe que o Museo Marco facilitará un sistema de préstamo a domicilio dunha selección de libros que conforman o fondo da súa biblioteca.

luns, 21 out 2024

Abel Caballero lembrou este luns que o Concello creou a BiblioMARCO “para que toda a cultura do museo chegue a casa dos lectores e dos usuarios das instalacións culturais". Incidiu en que o carné para acceder á biblioteca do museo e ao préstamo é gratuíto.

O rexedor destacou que o fondo bibliográfico do MARCO conta con 8.256 publicacións de arte, filosofía, historia, pedagoxía, museoloxía, movementos artísticos e coleccións. Caballero avanzou, ademais, que o martes 29 de outubro, dentro das actividades complementarias do MARCO, está previsto que os integrantes do Club de Lectura e da Asociación de Amigos do Museo, realicen unha visita guiada á exposición “Aínda sempre” baixo a dirección da súa autora, a artista Laía Argüelles.

Descargar todas as imaxes